viernes, 12 de julio de 2013

OS NOSOS LIBROS DE VERÁN

     Aos camaleonciñ@s gústanos moito ler así que para que poidades disfrutar da lectura en familia, deixovos unas pequenas, pero moi interesantes, recomendacións para este verán de HERVÉ TULLET, un autor que xa coñecemos na nosa aula e que seguro vos axudarán a deixar voar a imaxinación. Bo verán amiguiñ@s!!!

 
 
                                


 
   

lunes, 18 de julio de 2011

O NOSO PROXECTO



Ola amiguiñ@s!

 O curso xa rematou pero para que lembredes o ben que o pasamos có noso proxecto "Os nosos antepasados os celtas", deixovos unhas fotos dun menhir, que agora xa sabemos que son unhas pedras moi grandes que aínda existen e que se aguantan de pé coma se fose un truco de maixa, dunha das casas celtas que construimos para a maqueta do pobo celta, coa axuda das familias, dos nosos amig@s de 3 anos e da nosa mascota Ramón o camaleón e do traxe celta que deseñamos para a celebración da festa celta.
Qué ben o pasamos converténdonos en celtas por un día!
Espero que vos guste e gracias a tod@s pola vosa colaboración.
Boas vacacións!

Celtas
TRAXE CELTA
CASA CELTA

MENHIR












miércoles, 11 de mayo de 2011

AS NORMAS DA NOSA AULA

Ola camaleonciñ@s e familias! aqui vos deixo unhas recomendacións que poden ser moi úteis tanto na casa como na escola.

     NORMAS E ACTITUDES QUE FAVORECEN A CONVIVENCIA  
·       Pide as cousas aos teus compañeiros/as e na casa
 por favor e da as gracias.
·       Recoller e ordear todos os materiais.
·       Manter a clase limpiña.
·       Usar a papelera.
·       Escoitar aos demáis.
·       Pedir a palabra levantando a man.
·       Non berrar.
·       Non empurrar, nin pegar, nin morder.
·       Coidar o material.
·       Non correr pola clase e os pasillos.
·       Non subirse en mesas e sillas.
·       Respectar o turno da fila.
·       Respectar as cousas dos demáis.
·       Compartir e prestar cousas.
·       Axudar.

 







domingo, 27 de marzo de 2011

TALLER DE COCIÑA

SOMOS COCIÑEIROS CELTAS!

Hoxe é un gran día porque imos cociñar unha deliciosa tarta de queixo.
Aos celtas gustáballes moito o queixo e como a nosoutros nos gustan moito os celtas, grazas ao proxecto que estamos investigando este curso, imos imitálos!

Esta receita é moi sinxela e gustounos tanto que se pode repetir na casa, xa que sabemos que o queixo é moi saúdable e axúdanos a medrar cós ósos máis fortes.

Aquí vos deixo a receita e algunhas fotos do ben que o pasamos:

Cada neno/a vai metendo unas galletas nunha bolsa de plástico e despois de axudarlles a facer un nú vanas esmagar coas máns e coa axuda dunha botella. Despois imos poñer os anacos nun recipiente e repartiremos o queixo cunha cuchara grande por encima rematando ao final coa marmelada de fresa.

Bó proveito amig@s!! e grazas pola vosa axuda familias!!

David e Paula
preparados para cociñar
María e a súa nai Esperanza

Xurxo amasando as galletas
Coral coas máns na masa
Queixo + colaboración = ÉXITO!!