lunes, 18 de julio de 2011

O NOSO PROXECTO



Ola amiguiñ@s!

 O curso xa rematou pero para que lembredes o ben que o pasamos có noso proxecto "Os nosos antepasados os celtas", deixovos unhas fotos dun menhir, que agora xa sabemos que son unhas pedras moi grandes que aínda existen e que se aguantan de pé coma se fose un truco de maixa, dunha das casas celtas que construimos para a maqueta do pobo celta, coa axuda das familias, dos nosos amig@s de 3 anos e da nosa mascota Ramón o camaleón e do traxe celta que deseñamos para a celebración da festa celta.
Qué ben o pasamos converténdonos en celtas por un día!
Espero que vos guste e gracias a tod@s pola vosa colaboración.
Boas vacacións!

Celtas
TRAXE CELTA
CASA CELTA

MENHIR












miércoles, 11 de mayo de 2011

AS NORMAS DA NOSA AULA

Ola camaleonciñ@s e familias! aqui vos deixo unhas recomendacións que poden ser moi úteis tanto na casa como na escola.

     NORMAS E ACTITUDES QUE FAVORECEN A CONVIVENCIA  
·       Pide as cousas aos teus compañeiros/as e na casa
 por favor e da as gracias.
·       Recoller e ordear todos os materiais.
·       Manter a clase limpiña.
·       Usar a papelera.
·       Escoitar aos demáis.
·       Pedir a palabra levantando a man.
·       Non berrar.
·       Non empurrar, nin pegar, nin morder.
·       Coidar o material.
·       Non correr pola clase e os pasillos.
·       Non subirse en mesas e sillas.
·       Respectar o turno da fila.
·       Respectar as cousas dos demáis.
·       Compartir e prestar cousas.
·       Axudar.

 







domingo, 27 de marzo de 2011

TALLER DE COCIÑA

SOMOS COCIÑEIROS CELTAS!

Hoxe é un gran día porque imos cociñar unha deliciosa tarta de queixo.
Aos celtas gustáballes moito o queixo e como a nosoutros nos gustan moito os celtas, grazas ao proxecto que estamos investigando este curso, imos imitálos!

Esta receita é moi sinxela e gustounos tanto que se pode repetir na casa, xa que sabemos que o queixo é moi saúdable e axúdanos a medrar cós ósos máis fortes.

Aquí vos deixo a receita e algunhas fotos do ben que o pasamos:

Cada neno/a vai metendo unas galletas nunha bolsa de plástico e despois de axudarlles a facer un nú vanas esmagar coas máns e coa axuda dunha botella. Despois imos poñer os anacos nun recipiente e repartiremos o queixo cunha cuchara grande por encima rematando ao final coa marmelada de fresa.

Bó proveito amig@s!! e grazas pola vosa axuda familias!!

David e Paula
preparados para cociñar
María e a súa nai Esperanza

Xurxo amasando as galletas
Coral coas máns na masa
Queixo + colaboración = ÉXITO!!